O Pontevedra Club de Fútbol escribiu un novo capítulo na súa historia. Despois de 53 anos, volveu a coarse entre o oito mellores equipos da Copa do Reitras derrotar en Pasarón ao Mallorca por 3-0,unha fazaña que evoca á época dourada dos anos 60 e que o coloca nun selecto grupo de equipos de cuarta categoría que alcanzaron esta rolda.
O 'Hai que Roelo' volve resoar en Pasarón
Aqueles anos nos que o conxunto granate era unha das sensacións do fútbol español cun espírito de loita que cativou a toda España parecen regresar. Coa mítico lema do 'Hai que Roelo' retumbando nas bancadas de Pasarón, o Pontevedra demostrou que o ADN gañador segue intacto grazas á nova xeración de futbolistas que están a demostrar ser dignos herdeiros daquela estirpe.
Cun xogo vistoso e efectivo, os pupilos de Yago Iglesias deixaron no camiño a rivais de superior categoría como son o Levante, Villarreal e Mallorca, tres equipos que chegaban a Pasarón como grandes favoritos pero que foron superados por un Pontevedra aniquilador que accedeu a oitavos de final de Copa pola porta grande.
Pero esta clasificación vai máis aló dun logro deportivo e vívese como unha homenaxe aos afeccionados máis veteranos que reviven con emoción aqueles anos nos que os de Pasarón eran o equipo de moda en España, lembrando tempadas como a 1963-64, a 1964-65, a 1966-67, a 1967-68, a 1969-70 e a 1971-72, cando os granates tamén alcanzaron esta rolda.
Ademais, a xesta actual de coarse nos oitavos do Torneo do KO adquire maior valor ao tratarse dun equipo de cuarta categoría, igualando así a fazaña da UD Langreo e o Madrid C na tempada 1986-87.
Está claro que este equipo non ten freo. É líder na súa categoría e demostrou ser capaz de competir ao máis alto nivel para así permitirse confiar en alcanzar cotas maiores.
O futuro do club preséntase cheo de ilusión e a afección, máis envorcada que nunca, soña con superar o teito histórico dos cuartos de final que o Pontevedra alcanzou nas campañas 64-65 e 66-67.