Os pontevedreses poderán apoiar a Teresa Abelleira na final do Campionato do Mundo Absoluto de Fútbol que disputará o vindeiro domingo 20 de agosto (12.00 horas) con España.
"O Concello vai facilitar que todos os pontevedreses poidan gozar do partido", confirmou este mércores o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, explicando que "estamos artellando" a instalación dunha pantalla xigante.
Aínda que o lugar non está pechado ao 100% "probablemente sexa na Ferrería por cuestións loxísticas", recoñeceu Lores.
O rexedor asegurou antes os medios de comunicación que "é un orgullo o papel que está a ter Tere na Selección Española. É un orgullo para Pontevedra e para toda Galicia".
O alcalde revelou que felicitou por wasap á propia futbolista, ademais de seguir a súa evolución ao longo de todo o campionato.