O Pontevedra B sumou este domingo na Grela un bo punto ante o Silva nun partido no que destacou o "re-debut" de Libasse Guèye.
As miradas estaban postas no regreso do senegalés aos terreos de xogo vestindo a elástica granate case seis meses despois do final da pasada tempada, polo que o adestrador do filial, Jesús Ramos, decidiu darlle minutos confirmando que, efectivamente, é un xogador máis para o filial.
En canto ao encontro, o Pontevedra B vai demostrando semana a semana que está a empezar a carburar e vai puíndo os erros que os tiña condenado nas anteriores xornadas, evitando ceder tanto en tarefas defensivas para puntuar.
A nota negativa púxoa Berni, que se tivo que retirar lesionado aos 22 minutos de xogo.
Consulta a acta do partido nesta ligazón