A un día de que se celebre o quizá máis importante encontro da tempada para Pontevedra e Ourense CF, os xogadores do conxunto granate mostraron o seu lado máis próximo cos centos de afeccionados que se achegaron á as terrazas do Hotel Virxe do Camiño e do Restaurante Borona.
Alí, Álex González, Dalisson de Almeida, Rufo e Churre estiveron a asinar autógrafos, regalando bandeiras, tarxetas co himno do club e sobre todo sorrisos todo o máis pequenos.
As actividades previas ao choque continuarán desde as 11:30 horas do domingo na chaira de Tribuna, onde haberá unha carpa instalada con DJ en directo, venda de churrasco, polbo e bebidas.
Ademais, desde as canles do Pontevedra pediron aos seus afeccionados acudir ao partido vestidos de granate e portando unha bufanda ou bandeira, así como acompañar ao canto do himno no minuto 41 de xogo.