Aixa Corbacho, do Atletismo Rías Baixas, e Sabela Martínez, da Sociedad Gimnástica, afrontaron durante esta semana a súa primeira gran experiencia internacional accedendo a senllas finais dos campionatos de Europa de atletismo sub-18 na localidade eslovaca de Banska Bystrica.
Corbacho accedeu coa quinta mellor marca (62.74m) á final de lanzamento de martelo de 3 quilogramos, onde repetiu o mesmo posto aínda que esta vez superando en máis de tres metros a súa anterior marca. Ademais, co seu lanzamento de 65.88 metros, a atleta do Rías Baixas conseguiu o récord galego sub-18 e a terceira mellor marca española.
No caso de Martínez, clasificouse para a final de 2.000 metros obstáculos a pesar de ter unha estrea accidentada cunha caída a falta de 500 metros. A atleta da Ximnástica repúxose enseguida, remontou cunha gran última volta e chegou en décimoquinta posición, accedendo á final só por dúas centésimas (6:50.53).
Sabela logrou un meritorio duodécimo posto cun crono de 6:54.95 na final polas medallas, onde a tamén española Nadia Soto colgouse o metal de bronce tras facer unha gran carreira na que fixo soñar co ouro.