Gonzalo Inguanzo logra un dobre podio para o Froiz en Burgos

Pontevedra
17 de outubro 2021

O Supermercados Froiz, liderado por Gonzalo Inguanzo, conseguiu dobre podio nos campionatos de ciclocrós disputados esta fin de semana en Burgos  

Gonzalo Inguanzo, ciclista do Supermercados Froiz
Gonzalo Inguanzo, ciclista do Supermercados Froiz / GD Supermercados Froiz

O Supermercados Froiz, liderado por Gonzalo Inguanzo, conseguiu dobre podio nos campionatos de ciclocrós disputados esta fin de semana en Burgos.

O sábado celebrouse na XVII Ciclocrós Ciudad Medina de Pomar, onde o cántabro do equipo conserveiro fíxose co primeiro chanzo en categoría sub23 cun tempo de 1:02:46. Ademais, ese resultado valeulle para ser terceiro na xeral, só por detrás de Felipe Orts, do Burgos BH (1:00:49) e de Kevin Suárez, do Nesta (1:01:59).

Pola súa banda, o domingo o ciclista do Supermercados Froiz participou na XVII CX Villa de Villarcayo, onde parou o cronómetro en 1:02:39 e conseguiu a mesma posición que o día anterior. O podio, á súa vez, completárono Felipe Orts (1:00:49) e Kevin Suárez (1:00:49).

Ambas as probas estiveron marcados por unha pista bastante seca e un circuíto moi rápido onde Inguazo dominou os puntos técnicos para facer unha gran carreira para ser o mellor da súa categoría.