Gómez Noya vence no Ironman de Malaisia e consegue o billete directo para Hawaii 2020

Pontevedra
26 de outubro 2019

O regreso de Javier Gómez Noya ao Ironman foi brillante. O triatleta galego pecha a súa tempada ao grande co triunfo no Ironman de Malaisia cun tempo record de 8:18:59 que lle outorga o billete directo para o Campionato do Mundo Ironman de Hawaii 2020

Javier Gómez Noya, gañador do Ironman de Malaisia
Javier Gómez Noya, gañador do Ironman de Malaisia / IRONMAN

O regreso de Javier Gómez Noya ao Ironman foi brillante. O triatleta galego pecha a súa tempada ao grande co triunfo no Ironman de Malaisia que lle outorga o billete directo para o Campionato do Mundo Ironman de Hawaii 2020.

A proba comezou ás 1:50 hora española cos 3.800 metros de natación, onde o primeiro en saír da auga foi Gómez Noya cun tempo de 47:17 e de 1:43 sobre os seus seguidores, un grupo de 6 no que estaban os favoritos. Entre eles atopábase o ucraíno Danil Sapunov, gañador da proba celebrada o ano pasado e o estadounidense Andy Potts.

No segmento ciclista, o galego marchou en solitario pasando polo quilómetro 30 con máis de 2 minutos de vantaxe sobre o francés Romain Guillaume e do suízo Philipp Koutny. Despois de pasar polo klómetro 72, Noya mantíñase na cabeza pero co suízo cada vez máis forte.

Ao paso polo quilómetro 75, Koutny alcanzou ao español para xuntos manter o ritmo ata o quilómetro 115, momento en que o triatleta suízo aproveitou para aumentar a súa renda en solitario e sacar unha vantaxe de 1:23 ao galego ao paso polo quilómetro 128. Finalmente, cun parcial de 4:20:51, Koutny baixábase só na T2 cunha vantaxe de case 10 minutos sobre Noya e de 16:31 sobre Andy Potts.

Na carreira a pé, o español foi recortando minutos ao primeiro, pasando polo quilómetro 10 de carreira cunha desvantaxe de 6:15 ata que no punto de control 25, logrou poñerse primeiro con 26 segundos de vantaxe respecto ao suízo.

Unha vez cecido o liderado, Gómez Noya foi incrementando a súa vantaxe para finalmente conseguir a súa primeira vitoria en distancia Ironman cun tempo record de 8:18:59, seguido do suízo Kounty e do brasileiro Tiago Vinhal.