O cambio de regulamento nas Series Mundiais de Tríatlon, obrigando a puntuar en cinco probas en lugar de catro das sete que compoñen o calendario, ademais da Gran Final de Edmonton, complicou a presenza de Javier Gómez Noya no Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra.
Sen embargo o galego está máis preto de cumprir o seu desexo de competir na casa renunciando así á carreira das Series Mundiais de Londres.
Por un lado Gómez Noya quitou presión ao impoñerse na primeira cita da competición en Auckland, empezando con bo pé a súa defensa do título, pero aínda debe referendar o seu bo inicio en Cidade do Cabo (27 de abril) e Yokohama (18 de maio).
Por outro, a proba de que o triatleta ferrolano afincado en Pontevedra mantén a súa intención de estar na Cidade de Lérez o sábado 31 de maio é que foi incluído na convocatoria oficial da Selección Española para o Mundial.
Javier Gómez Noya é o único deportista galego en categoría ÿlite, onde tamén estará o actual subcampión do Mundo da especialidade, o andaluz Emilio Martín, xunto a Alexis Rodríguez (Castela-León), Raúl Amatriain (Navarra), Cristóbal García (Murcia) e Oier Ariznabarreta (Esukadi).
En canto ao equipo nacional feminino, estará composto por: Ana Burgos (Madrid), Margarita Vic (Baleares), Lucía Pérez (Madrid), Sonia Bejarano (Extremadura), Paula García (Madrid) e Inmaculada Pereiro (Cantabria).