Na xornada de clausura do tradicional Campus de Verán do Club Deportivo Pinarium, que este ano chegou á súa IV edición, os asistentes puideron gozar dunha dobre visita mundialista.
O Campión do Mundo e Subcampión Olímpico de Distancia Olímpica, Javier Gómez Noya, e o Campión do Mundo de Longa Distancia, Pablo Dapena, acompañaron aos mozos nesta festa de fin de Campus, que se celebrou este venres en horario matinal.
Desde a directiva do club destacaron que ano tras ano a experiencia é "moi positiva" á hora de "fomentar este completo deporte no municipio marinense. Cremos no deporte non só polos seus beneficios físicos, que no caso do tríatlon pola combinación de tres disciplinas é evidente, se non tamén polos valores sociais que achega aos nosos mozos".