O xurado dos Premios Nacionais do Deporte, reunido este xoves no Consello Superior de Deportes, decidiu outorgar a Javier Gómez Noya unha das súas distincións principais, o Premio Don Felipe de Borbón.
O galardón premia "ao deportista español que máis se distinguiu durante o ano na súa actuación deportiva, tanto no ámbito nacional como internacional", recoñecendo neste caso os éxitos logrados durante o 2013.
Desta forma valórase no triatleta galego o título mundial logrado o pasado ano, e que conseguiu revalidar en 2014.
No apartado feminino a deportista recoñecida co Premio Reina Sofía foi a nadadora Mireira Belmonte, dobre medallista no Mundial de Barcelona.
Tamén foron distinguidos en diferentes categorías as seleccións femininas de baloncesto, o adestrador do Atlético de Madrid Diego Pablo Simeone, Ona Carbonell ou Federico Marín Bahamosntes, entre outros.
Os Premios Nacionais do Deportes serán entregados proximamente pola Familia Real nun acto público.