Javier Gómez Noya segue sumando quilómetros e títulos coa vista posta nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2021.
O pentacampeón do mundo de tríatlon participou este sábado na novena edición do Bilbao Triathlon, proba de media distancia na que se fixo coa vitoria que lle deu o título nacional de media distancia.
En total participaron 500 deportistas que se encargaron de encher as rúas da capital biscaíña na que a situación metereolóxica non era a ideal: choiva, vento e a auga da Ría fría, a uns 17 graos de temperatura. Ademais, o estrito protocolo de seguridade obrigou a manter a distancia de seguridade e o acceso a certas zonas quedou restrinxida a participantes, organización, prensa e xuíces deportivos.
En canto á competición, a saída de natación realizouse ás 13.30 horas cos participantes entrando na auga dun nun, separados por unha distancia de 3 segundos e con 1,9 quilómetros por percorrer. Os primeiros en saír da auga foron Gómez Noya e Guillem Vermellas, seguidos de Francesc Godoy e de Ander Noain, dispostos a comezar a proba de ciclismo.
Con 82,5 quilómetros por diante e a unha soa volta, para así favorecer as distancias entre eles, os deportistas subíronse ás súas bicicletas para afrontar a segunda proba do día. O punto máis complicado do percorrido foi o alto de Morga, porto de 4 quilómetros ao 6% de desnivel e tramos por encima do 9% no quilómetro 25. A pesar da dificultade, Gómez Noya continuou líder seguido de Gustavo Rodríguez.
Tras o circuíto ciclista, o triatleta afincado en Pontevedra enfilou a marxe esquerda da Ría de Bilbao para percorrer os 21 quilómetros que quedaban antes de finalizar a carreira. Despois de dar as tres voltas ao renovado circuíto a pé de sete quilómetros, Gómez Noya chegou á meta en primeira posición cun tempo de 3:39:05, seguido de Colin Charters e Gustavo Rodríguez, segundo e terceiro respectivamente.
| #PTOLive - Your #FETRIBilbao CHAMPION! @Jgomeznoya blitzed this middle distance race in tough weather conditions. What a triathlon display
— PTO (@protriorg) September 26, 2020
3:39:06 - Finish Time | Official Time to follow...#PTO#TriathletesUnite#triatlon@bilbaotriathlon@TRIATLONSPpic.twitter.com/qxl9wRBWqG