As opcións por manter a categoría son cada vez máis complicadas para o Marín Futsal, que caeu por un avultado 1-8 fronte ao Futsi Navalcarnero.
Era unha partido clave para as aspiracións do equipo marinense, pero tamén complicado polo gran nivel do seu rival, que non tardou en establecer o 0-1 no marcador cun libre directo sen barreira de Laura Córdoba desde a frontal.
Buscou reaccionar o equipo local, pero a posesión apenas lles duraba. Mentres, o seu rival puña máis terra polo medio subindo o 0-2 cun disparo de Leti tras aproveitar un balón solto desde fóra da área. Era o minuto catro.
A presión alta do conxunto local seguiu complicando as saídas de balón do conxunto marinense, que encaixaba o 0-3 con lanzamento á escuadra de Patri Blázquez.
Co partido practicamente sentenciado deu comezo a segunda metade, que tampouco arrincou da mellor maneira para as marinenses, que recibiron outros dous tantos en apenas dous minutos. O 0-4 fíxoo Marta Balbuena e o 0-5 Leninha.
Acariñou o seu primeiro gol o Marín cun disparo de Café, pero a expulsión por dobre amarela de Gi Portes a sete do final complicou aínda máis as súas aspiracións.
Leti anotou o 0-6 a pase de Laura Córdoba e Irene Córdoba fixo o sétimo. Morgana, no tramo final, anotou o gol da honra para o equipo marinense e, nos últimos compases, Marian, tras un roubo de balón sobre Miriam, estableceu o definitivo 1-8.
Consulta a acta neste enlace

Partido entre Marín Futsal e Futsi Atlético Navalcarnero na Raña