Dura derrota do Pontevedra B en casa do Viveiro, que aproveitou as ausencias do conxunto granate para golear e sumar tres puntos vitais para superarlle na clasificación.
Era un enfrontamento clave pola permanencia, pero o conxunto visitante nada puido facer para superar o dominio dun rival que se adiantou no minuto 34 de xogo por medio de Manu Martín. Antes, Gamarra, Rolle e Nacho puideran abrir o marcador.
Despois do paso polos vestiarios nada puido facer o filial pontevedrés para deter o asedio local. Gamarra subiu o 2-0 pasada a hora de xogo, Arnosi recortou diferenzas no 74, e antes de que o Pontevedra puidese meterse no partido, Morais facía o 3-1.
Dous minutos despois Diego Fernández anotou o 4-1, e no 86 Arturo culminou a goleada cun golazo pola escuadra desde os once metros.
Consulta a acta nesta ligazón