O actual campión da Copa Galicia Sénior Feminina, o Poio Pescamar, avanza con paso firme na competición autonómica.
O conxunto conserveiro exhibiu este mércores a súa pegada no duelo de cuartos de final que lle enfrontaba ao Viaxes Amarelle da Segunda División, asinando un contundente resultado de 0-7.
As xogadoras vermellas non deron opción ao seu rival na Coruña, aínda que tardaron oito minutos en abrir a lata cun tanto de Marta.
Daryna en propia meta un minuto despois e Elena Aragón antes do descanso deixaban encarrilada a eliminatoria, cunha goleada que se pechou no segundo acto con outros dous goles de Elena Aragón, un de Chuli e outro de Sofía.
Un encontro que reforza a confianza do Poio Pescamar antes de afrontar un desprazamento en liga á pista do Rubí catalán (sábado 5, 17.00 horas).