Goleada do Marín Futsal ao Cidade das Burgas e pase a cuartos da Copa Galicia (1-12)

Marín
31 de agosto 2024

O Marín Futsal iniciou a súa andaina na Copa Galicia cunha esmagadora vitoria por 1-12 fronte ao Cidade das Burgas, equipo de Preferente Autonómica que descendeu a pasada tempada tras varias campañas en Segunda División. O encontro, correspondente aos oitavos de final, tivo como claro dominador desde o asubío inicial ao conxunto marinense  

Café, nun partido entre Marín Futsal e Amarelle na Raña
Café, nun partido entre Marín Futsal e Amarelle na Raña /

O Marín Futsal iniciou a súa andaina na Copa Galicia cunha esmagadora vitoria por 1-12 fronte ao Cidade das Burgas, equipo de Preferente Autonómica que descendeu a pasada tempada tras varias campañas en Segunda División. O encontro, correspondente aos oitavos de final, tivo como claro dominador desde o asubío inicial ao conxunto marinense.

E é que as pupilas de 'More' encarrilaron rapidamente o encontro e ao descanso xa dominaban cun contundente 0-7, mostrando a súa clara superioridade en todas as facetas do xogo. O único tanto do Cidade das Burgas, que loitou con orgullo ata o final, chegou cando o marcador xa era insalvable (1-8 no minuto 29), e pouco puideron facer para frear a irresistible ofensiva dun equipo visitante que sentenciou o partido cun contundente 1-12.

Na expedición marinense destacaron as porteiras Patri Arruti e Marina Groba, ademais de Guida, Café, Carol Bravo, Patri Corral, Lucía Serrano, Miriam Ruiz e Morgana. A cadete Daniela e as recentemente incorporadas Gisela e Gi Portes tamén gozaron de minutos na pista.

Con este resultado, o Marín Futsal avanza con paso firme aos cuartos de final da Copa Galicia, competición na que o pasado ano foi finalista.