Era un partido con sabor a play-off o vivido este domingo no Couto entre UD Ourense e Arosa, pero foi o equipo local o que foi inmensamente superior aos arlequinados e terminaron goleando por 4-1.
Levaba o equipo de Luisito arrastrando unha boa liña de resultados despois de sumar 10 puntos dos últimos 12 en xogo, pero o equipo ourensán encargouse de truncala para achegarse a tan só dous puntos na clasificación e ter opcións de arrebatarlle a terceira praza.
En canto ao enfrontamento, a UDO sentenciouno no primeiro tempo enchufando tres goles en apenas 15 minutos que deixaron completamente noqueado a un Arosa que pronto baixou os brazos. No 27 anotou Yelko Alfaya, no 39 Luis Rincón e, tres minutos despois, Álvaro Fernández fixo o 3-0 para sentenciar.
Tras o paso polos vestiarios, Raúl Gil anotou o póker desde o punto de penalti e, a falta de 10 para a conclusión, Martín Diz firmou o gol da honra dos vilagarciáns.
Consulta a acta nesta ligazón