Goleada da Sarriana ao Pontevedra B (5-0)

Pontevedra
19 de novembro 2023

O Pontevedra B recibiu este domingo un excesivo castigo en casa da Sarriana, que aproveitou a expulsión de Rancaño no minuto 54 para impoñer a súa superioridade e golear por 5-0  

Pontevedra B - Betanzos no Manolo Barreiro
Pontevedra B - Betanzos no Manolo Barreiro / Cristina Saiz

O Pontevedra B recibiu este domingo un excesivo castigo en casa da Sarriana, que aproveitou a expulsión de Rancaño no minuto 54 para impoñer a súa superioridade e golear por 5-0.

O primeiro tanto do equipo local chegou no minuto cinco tras un mal despexe nun saque de esquina que Álex Boedo enviou á rede.

Gozou de dous ocasiones o filial granate coas que puido igualar o encontro. Primeiro cunha falta botada por Hugo Padín, que foi moi frouxa, e despois con Fabio Grajales nun man a man co gardameta.

Pero antes da ocasión de Grajales, os de Jesús Ramos quedáronse cun menos no verde pola expulsión de Manuel Rancaño, que viu dúas amarilas en seis minutos.

Cun menos o partido cambiou por completo e o Pontevedra sufriu o asedio ofensivo da Sarriana, que devolveu o golpe no minuto 73 cun dobrete de Álex Boedo. Pase desde a esquerda a Diego Rey, que tentou bater por alto a Víctor, o balón quedou rexeitado e Boedo enchufó á rede sen oposición. 

No 83 chegou o 3-0 de novo tras un centro desde o lateral, Diego Rey cedeu de tacón sen mirar e Álvaro Herrero sentenciou.

Con todo, o recital goleador non terminou aí e Germán Giammatei tamén se quixo unir á festa cando o partido entrara na recta final. No 89 subiu o 4-0 ao cazar un balón que quedou morto na área despois doutro erro defensivo, e xa no desconto, recibiu un pase da morte de Diego Rey e a portería baleira fixo a 'manita' coa que concluíu o encontro.

Consulta a acta nesta ligazón