Importante triunfo o conseguido polo Atlético Villalonga FF este domingo a domicilio fronte ao Sporting Feminino.
O conxunto de Sanxenxo goleou 1-4 a un conxunto asturiano que nada puido facer para sacar algo positivo do encontro.
O Villalonga gozou de dúas ocasións moi claras despois dun córner, pero foi pasada a media hora de xogo cando conseguiu abrir a lata por medio deMachado.
Antes do descanso, un gol en propia porta de Natalia deixou encamiñado o partido para as visitantes.
Tras o paso polos vestiarios o equipo asturiano saíu en busca da remontada e nos primeiros minutos gozou dunha gran ocasión coa que puido reducir distancias, pero o disparo de Antía deu na madeira.
As locais seguiron pelexando e, no minuto 55, Valbuena anotou o 1-2 despois dunha gran xogada colectiva.
Con todo, o Atlético Villalonga non quería irse sen o tres puntos de Asturias e pasou a asediar a portaría rival. Carbajal tivo que intervir en varias ocasións para evitar que as visitantes ampliasen a renda.
Nada puido facer, con todo, no minuto 81, cando Amanda fixo o 1-3 que deixou sentenciado o encontro.
Catro minutos despois, Nerea Lombardero acudiu á súa cita co gol e pechou o choque co 1-4 definitivo.
O vindeiro sábado, as pupilas de Edu González recibirán ás 16:30 horas no Novo San Pedro ao Real Oviedo, segundo clasificado con 20 puntos, os mesmos que o líder CE Europa e o Athletic Club B.
Consulta a acta neste enlace