Non só o ciclocrós aprovéitase do estadio deportivo ao aire libre que ofrece a Illa das Esculturas.
Así, o atletismo campo a través collerá a continuidade do Europeo de ciclismo co que se abre o mes de novembro cunha nova competición organizada pola Sociedad Gimnástica.
Trátase do primeiro Cros Cidade de Pontevedra, que se celebrará o vindeiro domingo 10 de novembro.
Aproveitando a tradicional competición do programa Xogade de promoción do deporte en idade escolar, o evento que propón a Gimnástica se abre tamén a unha carreira federada e popular campo a través para categorías sub-23, sénior e máster, para que todos poidan gozar dunha gran xornada de deporte ao aire libre.
Desta forma está previsto que a competición comece ás 10.30 horas coa carreira de categoría cadete (2.000 metros), para seguir despois coa idade infantil (1.500 metros), alevín (1.000 metros) e benxamín (500 metros).
A continuación chegará a quenda das probas federadas e populares sub-16/18/20 ás 11.50 (3.500 metros) e a sub-23, sénior e master ás 12.15 horas (6.000 metros).
Para completar as diferentes carreiras habilitaranse dous circuítos na Illa das Esculturas ao que se darán as voltas pertinentes, un pequeno de 500 metros de lonxitude e outro máis amplo de 1.500 metros.
O regulamento e as inscricións están dispoñibles na páxina web www.carreirasgalegas.com.