Gi Portes e Patri Arruti, primeiras pezas do Marín Futsal 24-25

Marín
13 de xuño 2024

O conxunto marinense confirmou as primeira dúas renovacións no seu plantel para a próxima tempada, na que o obxectivo será non pasar os apuros da última liga para certificar a permanencia

Patricia Arruti, no partido de liga entre Marín Futsal e Les Corts na Raña
Patricia Arruti, no partido de liga entre Marín Futsal e Les Corts na Raña /

O Marín Futsal comezou a planificar a que será a súa cuarta tempada consecutiva en Primeira División.

O obxectivo do cadro marinense, tras o sufrimento do último curso logrando salvar a categoría na última xornada de liga, será non pasar tantos apuros para certificar a permanencia e recuperar o nivel dos seus primeiros anos na elite.

Para iso a entidade da Raña confirmou xa as súas primeiras renovacións.

Por unha banda seguirá no equipo a gardameta Patri Arruti, peza importante o último ano tras aterrar en Marín o pasado verán procedente do Alcorcón.

Ademais o Marín Futsal pechou a continuidade da brasileira Gi Portes, futbolista que reforzou ao equipo no mercado de inverno e que terminou resultando determinante para salvar a categoría.