Garay defende que o Pontevedra ten en Zaragoza "un escenario inmejorable para demostrar nuestro fútbol"

Pontevedra
08 de maio 2024

O defensor granate asegurou este mércores estar "moi motivado e ilusionado" por afrontar o play-off de ascenso, unhas eliminatorias nas que "si nosotros estamos a nuestro nivel al rival que esté delante le vamos a pasar por encima, es lo que intentaremos", afirma. Os dous encontros fronte ao Deportivo Aragón, ida e volta, serán ofrecidos en directo pola segunda canle da Televisión de Galicia

Benjamín Garay, adestrando co Pontevedra na Xunqueira
Benjamín Garay, adestrando co Pontevedra na Xunqueira / Cristina Saiz

Achégase o inicio do play-off de ascenso para o Pontevedra Club de Fútbol e co paso dos días a expectación crece en torno ao equipo granate e o seu desprazamento a Zaragoza para medirse este próximo domingo 12 de maio (12.00 horas) ao Deportivo Aragón no estadio da Romareda.

Será un duelo, do mesmo xeito que a volta do domingo 19 (18.00 horas) en Pasarón, retransmitido en directo pola segunda canle da TVG, segundo confirmou a televisión galega.

"Estamos muy motivados e ilusionados por afrontar el play-off. Creo que este fin de semana tenemos un escenario inmejorable para demostrar nuestro fútbol y ganar el partido", sinalou este mércores en representación do plantel granate Benjamín Garay.

O defensor analiza o filial maño como "un equipo dinámico y con jugadores buenos, algunos en dinámica de primer equipo", o que lle fai esperar "un partido complicado".

Con todo non quixo Garay mirar cara ao primeiro opoñente da fase de ascenso, e é que "si nosotros estamos a nuestro nivel al rival que esté delante le vamos a pasar por encima, es lo que intentaremos en este play-off", asegurou na súa comparecencia ante os medios de comunicación.

En canto ao desenvolvemento das eliminatorias "el empate nos beneficia, ahí va a estar la clave, si no encajamos gol estamos ascendidos", afirma Garay sobre a importancia de encaixar o menos posible e tentar botar o cadeado á portería.

O Pontevedra estará ademais acompañado en Zaragoza por polo menos un cento de seguidores, unha afección que "nos acompaña da igual dónde juguemos, la hora, el día, nunca nos dejan de lado, quiero agradecerles el apoyo que nos dan", concluíu o defensor.