Galaico Sincro e Sincronizada Pontevedra mostran o seu potencial no Campionato Galego

Pontevedra
23 de febreiro 2016

Oito clubs galegos participaron no Campionato Galego de Inverno de Rutinas Combinadas celebrado no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños

Campionato Galego de Inverno de natación sincronizada
Campionato Galego de Inverno de natación sincronizada

A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños foi escenario do Campionato Galego de Inverno de Natación Sincronizada, con gran protagonismo dos equipos pontevedreses.

Oito clubs participaron nunha competición na que se puideron ver as coreografías de todos eles na modalidade de rutinas combinadas. Ademais de Galaico Sincro e Sincronizada Pontevedra estiveron presentes Acuatic Oleiros, Sincro Ferrol, Portamiña de Lugo, Ourense, RCN Vigo e Rías Baixas.

En categoría xuvenil a medalla de ouro foi para o Galaico Sincro, co Sincronizada Pontevedra na segunda posición e o Ourense na terceira.

Pola súa banda en idade infantil impúxose o Ourense co Sincronizada Pontevedra no segundo chanzo do podio e o Galaico Sincro no terceiro, mentres en categoría alevín o Galaico Sincro levou o ouro, a prata foi para Ourense e o bronce para Sincronizada Pontevedra.