O Galaico, mellor club do Campionato Galego de Longa Distancia

Pontevedra
09 de decembro 2024

O club pontevedrés organizou por segunda fin de semana consecutiva unha gran competición, co Campionato Galego de Longa Distancia celebrado no Complexo Deportivo Rías do Sur

O Galaico, campión do Campeonato Galego de Longa Distancia
O Galaico, campión do Campeonato Galego de Longa Distancia / Federación Galega de Natación

Por segunda semana consecutiva, o Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños acolleu unha gran competición de natación.

Primeiro foi a fase territorial da Copa de España de Clubs e nesta ocasión tocoulle a quenda ao Campionato Galego de Longa Distancia.

Neste campionato participaron un total de 84 nadadores de 15 clubs galego.

Do mesmo xeito que na Copa de España, o anfitrión protagonizou un gran papel.

O Club Natación Galaico foi o mellor club do Galego de Longa Distancia sumando 112 puntos na clasificación xeral, seguido polo Sporting C. Casino (86 puntos) e o CN Ponteareas (77).

O Galaico liderou a clasificación feminina absoluta, mentres que foi segundo na masculina por detrás do Sporting C. Casino.

A competición desenvolveuse ao longo do sábado 7 de decembro.

A distancia a completar era de 3.000 metros. Todo iso nunha piscina de 25 metros.