Os 'futuros campións' do boxeo galego reúnense en Marín

Marín
21 de outubro 2024

O pavillón do Colexio San Narciso acolleu o fin de semana o I Open Futuros Campións, no que participaron preto dun cento de deportistas

I Open Futuros Campións de boxeo en Marín
I Open Futuros Campións de boxeo en Marín / Team Thunder

As promesas do boxeo autonómico reuníronse este fin de semana en Marín.

Fixérono para participar no I Open Futuros Campións organizado polo Team Thunder.

Preto dun cento de deportistas déronse cita durante a xornada do sábado no pavillón do Colexio San Narciso.

Un evento co que dar a oportunidade a xóvenes boxeadores para vivir as súas primeiras experiencias no alto do ring.

Disputáronse un total de 42 combates, con participación de entidades como o Club de Boxeo David Burgos de Pontevedra, o Pibe's Team de Sanxenxo e outros chegados de Arcade, Vilagarcía, Vigo, Porriño, Tomiño, Boiro, Santiago ou A Coruña.

No que respecta ao club anfitrión, o Team Thunder, competiu con 12 deportistas.

A tempada continuará agora para o equipo marinense co reto do Campionato de España de Clubs que se celebrará desde o próximo día 28 de outubro en Palencia.

Á competición nacional viaxarán varios representantes da escola ademais das elites Raúl Loira e Aarón González.