Fundación Lucentum domina e vence con autoridade ao Marín Peixe Galego (83-64)

Marín
01 de novembro 2015

Non era fácil a saída do Marín Peixe Galego á pista do Pavillón Pedro Ferrándiz de Alicante. Fundación Lucentum está a realizar un gran inicio de tempada, a pesar da súa picada da xornada pasada, e fixo valer o factor cancha para adxudicarse unha clara vitoria (83-64) nun partido controlado en todo momento polos homes de Kuko Cruza

Partido entre Fundación Lucentum e Marín Peixe Galego en Alicante
Partido entre Fundación Lucentum e Marín Peixe Galego en Alicante

Non era fácil a saída do Marín Peixe Galego á pista do Pavillón Pedro Ferrándiz de Alicante. Fundación Lucentum está a realizar un gran inicio de tempada, a pesar da súa picada da xornada pasada, e fixo valer o factor cancha para adxudicarse unha clara vitoria (83-64) nun partido controlado en todo momento polos homes de Kuko Cruza.

Despois da súa sorprendente derrota en Ávila, había a dúbida sobre o rendemento do equipo local, pero esa dúbida quedou moi pronto despexada. Así, tras uns primeiros minutos de relativa igualdade, Fundación Lucentum estirábase cun parcial 9-0 (24-15), ao pouco de comezar o segundo cuarto, que seguiría crecendo ata poñerse 16 puntos arriba (33-17).

Marín Peixe Galego conseguiu recortar lixeiramente para irse ao descanso cunha desvantaxe de 11 puntos (37-26), pero durante toda a segunda metade, os levantinos controlaron o choque sempre por encima da decena de puntos de vantaxe, para terminar marchándose definitivamente no último parcial ata ese contundente 83-64 final.

Unha das claves do triunfo alacantino foi a súa excelente porcentaxe no tiro, cun 57% en tiros de campo (32 de 56), faceta na que foron moi superiores ao Marín, que só alcanzou un discreto 40% (22 de 55). A outra clave foi o dominio baixo taboleiros, que tamén foi para o equipo local (30 rebotes, por 20 do Peixe).

Consulta aquí as estatísticas completas do partido.