Peche con bo sabor de boca para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz na Copa de España de Ciclocrós.
Varios ciclistas do equipo alimenticio foron protagonistas do IX Ciclocrós Internacional Ciutat de Xàtiva, que puña punto e final ao certame nacional.
Os máis destacados foron Miguel Rodríguez e Aroa Otero.
O primeiro deles finalizou no terceiro posto do xeneral a só 5 segundos do vencedor e como mellor corredor sub-23.
Kevin Suárez foi o gañador da carreira, co francés Leo Bisiaux en segunda posición. Ademais Gonzalo Inguanzo asinou o quinto posto (segundo elite).
Pola súa banda Aroa Otero foi a mellor sub-23 en Xàtiva facéndose co segundo posto na clasificación final da Copa de España.
A cruz do fin de semana púxoa Raúl Mira, ao que unha avaría mecánica relegoulle ao noveno posto, aínda que non impediu o seu triunfo final na Copa de España en categoría Sub-23.