Chegou a Río despois dun ano complicado por culpa das lesións, pero confiado en poder repetir posto de finalista nuns Xogos Olímpicos. Con todo, non puido lograr o seu obxectivo.
Frank Casañas, que xa fora finalista en Pequín 2008 (5º posto) e Londres 2012 (7º), quedou eliminado á primeira en Río.
O atleta de orixe cubana, nacionaliado español e afincado hai anos en Pontevedra, quedou lonxe dos 65,50 metros esixidos para meterse de maneira directa na final olímpica de lanzamento de disco.
Non fixese falta chegar a tanto, xa que poucos deportistas pasaron esa barreira, pero Casañas non se achegou aos seus rexistros, cun mellor lanzamento de 59,96 metros no seu último intento que resultou insuficiente.
Antes, realizara un nulo no seu primeiro lanzamento e coneguido unha marca de 57,81 metros no segundo.