O Mundial Júnior de Balonmán chegou ao seu fin. Este domingo disputáronse os últimos partidos da competición, nos que se definiron os postos máis altos da mesma. Francia proclamouse, no pavillón As Travesas de Vigo, campión do Mundo despois de derrotar a Croacia cun resultado de 28-23.
A selección francesa comezou xa gañando na primeira metade do choque, índose ao descanso cunha renda ao seu favor de cinco goles (15-10). Coa continuación, trataron os croatas de recortar distancias e, apoiados na eficiencia anotadora de Josip Sarac case o conseguen. Con todo, un moi bo labor ofensivo de, sobre todo, Benjamin Richert, impediullo, finalizando campións os franceses co título de mellores do mundo.
Ademais da gran final, a pista viguesa tamén acolleu, de mañá, o cruzamento definitivo para establecer a terceira e cuarta posición. Medíronse Exipto e Portugal, despois de perder ante Francia e Croacia, respectivamente. Os primeiros fóronse xa por diante ao tempo de descanso e, aínda que a renda non era demasiado ampla (17-15), a balanza parecía decantarse cara ao bando exipcio. Durante o segundo tempo de xogo terminou de ser así. Os portugueses comezaron a perder distancia e a deixar escapar o partido, terminando por ser derrotados cunha deventaja de dez goles (37-27). Desta forma, Exipto leva a medalla de bronce do Mundial.
No referente aos choques entre as seleccións derrotadas en cuartos, ás 9:00 horas disputouse o Noruega-Tunez, e, tras conseguir o segundo derrotar pola mínima aos nórdicos (36-37), terminou o seu paso polo Mundial na sétima praza, sendo a oitava para os escandinavos. A continuación, tivo lugar o partido entre Dinamarca e Eslovenia pola quinta posición, sendo, finalmente, esta para os primeiros, que exerceron un duro correctivo sobre os eslovenos (34-26).