Máis de dous anos estivo Fran Rico sen disputar un partido oficial, afastado dos terreos de xogo por culpa da cara máis amarga do deporte, as malditas lesións.
O centrocampista de Portonovo, canteirán do Pontevedra Club de Fútbol, desafiou aos prognósticos e recomendacións que lle empuxaban á retirada e a base de constancia volveu a gozar do fútbol de elite.
Rico lesionouse no xeonllo en febreiro de 2017 nun partido de Primeira División entre Sevilla e Eibar, onde se atopaba cedido polo Granada, e neste período sufriu varias recaídas que terían feito desistir a moitos, pero el está feito doutra pasta.
Foron máis de 800 días de baixa, toda a presente tempada tentando recuperarse en Granada, e o premio chegou na última xornada da Segunda División. Co seu equipo xa ascendido á máxima categoría, o seu adestrador quixo premiar o seu esforzo e o exemplo que supuxo para o grupo dándolle a titularidade no duelo que enfrontaba ao equipo nazarí e ao Alcorcón no Estadio dos Cármenes.
Co brazalete de capitán no seu brazo, Fran Rico saltou ao terreo de zogo da man do seu fillo e colaborou na vitoria do seu equipo por 2-1. Repartiu xogo, conectou cos seus compañeiros e ata estivo preto de marcar nos 56 minutos que permaneceu sobre o campo, deixando detalles do gran xogador que sempre foi.
Agora queda recuperar a confianza e o ritmo de xogo, pero a súa volta aos terreos de xogo supón o fin a un auténtico calvario e o inicio dunha nova etapa pode que na máxima categoría do fútbol nacional, xa que conta cun ano máis de contrato co Granada.
O pontevedrés, ademais de gozar volvéndose a sentir futbolista de elite, quixo acordarse do fisioterapeuta que lle acompañou durante tantos meses na súa recuperación, Dioni González, e a todo o equipo médico.
"Lo he disfrutado muchísimo. Es un reconocimiento también a todo el servicio médico que ha hecho un trabajo espectacular", recoñeceu tras o partido.
Hoy fue un día grande. Y para @narfrico especialmente.
— Granada C.F. (@GranadaCdeF) 8 de junio de 2019
"Lo he disfrutado muchísimo"#GranadaEsDePrimerapic.twitter.com/rO0DcPBnC4