FOTOS.- O Pasarón das grandes noites para despedir con orgullo da Copa do Rei

Pontevedra
16 de xaneiro 2025
Actualizado: 0:50

O Estadio Municipal de Pasarón contou con 10.497 espectadores nas bancadas para vivir unha noite de Copa do Rei con aroma a cita histórica, a pesar da eliminación final do equipo granate

Oitavos de final da Copa do Rei entre Pontevedra e Getafe en Pasarón
Oitavos de final da Copa do Rei entre Pontevedra e Getafe en Pasarón / Mónica Patxot

Nin o resultado embazou unha noite con aroma a cita histórica no Estadio Municipal de Pasarón, co partido de oitavos de final da Copa do Rei entre Pontevedra e Getafe.

Desde horas antes do encontro, no ambiente nos arredores de Pasarón notábase o especial da noite.

Nas bancadas déronse cita 10.497 espectadores, un cheo na práctica con apenas butacas sen ocupar, e é que ninguén se quixo perder o partido, nin sequera a mascota 'Roelio'.

A ocasión merecíao.