Non só o ciclocrós foi protagonista da fin de semana deportivo en Pontevedra.
O taekwondo reivindicouse tamén cunha vibrante ponte festiva no Pavillón Municipal dos Deportes.
Un total 1.536 deportistas e adestradores de 72 clubs de España e Portugal participaron ao longo de tres xornadas no XXVI Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Pontevedra, organizado polo Mace-Sport.
No municipal porntevedrés instaláronse 10 pistas de competición, deixando imaxes espectaculares.
O Cidade de Pontevedra arrincou o venres 1 de novembro coas modalidades de exhibición e freestyle, para seguir despois coa modalidade de combate en categoría absoluta e máster.
Pola súa banda o sábado día 2 competiron as categorías júnior e precadete masculina e e infantil feminina, e o domingo disputouse a competición cadete de combate.
Ademais dos propios deportistas participaron no evento 60 árbitros.
A competición outorgaba puntos para o ranking nacional de combate e para o ranking galegos de combate e técnica.