Fin de semana de acrobacias en Marín coa Copa Galicia Internacional de ximnasia trampolín

Marín
23 de marzo 2025

A cita, reconvertida no I Memorial Pablo Hinojar, reuniu a máis de 300 deportistas que competiron nas modalides de Tumbling, Dobre Mini Tramp, Trampolín e Sincronizado

XV Copa Galicia Internacional de ximnasia trampolín na Raña
XV Copa Galicia Internacional de ximnasia trampolín na Raña / Cristina Saiz

O pavillón da Raña, en Marín, acolleu do 21 ao 23 de marzo a XV Copa Galicia Internacional de Ximnasia Trampolín.

Fíxoo convertida este ano no I Memorial Pablo Hinojar, para homenaxear o adestrador pontevedrés e ao legado do que era seleccionador nacional desta especialidade deportiva.

A competición reuniu a máis de 300 deportistas, provenientes de diversos puntos da xeografía nacional, que competiron nas modalidades de Tumbling, Dobre Mini Tramp, Trampolín e Sincronizado.

A primeira xornada, disputada o venres, arrincou ás 16:00 horas coas roldas preliminares de Tumbling feminino, en idades de 11 a 21 anos, e Dobre Mini Tramp masculino, tamén de 11 a 21 anos.

Ademais, celebráronse as roldas clasificatorias de Tumbling e Trampolín na categoría sénior, tanto masculino como feminino, así como de Dobre Mini Tramp sénior feminino e masculino, e Trampolín sénior feminino.

O sábado, a competición continuou cunha intensa xornada de probas tanto pola mañá como pola tarde, onde se celebraron algunhas das finais.

Xa o domingo, a actividade concentrouse na xornada matinal, comezando ás 9:00 horas coa disputa da modalidade Sincronizada e Trampolín.

A entrega de medallas e a cerimonia de clausura puxeron o broche de ouro a un fin de semana cheo de acrobacias.

Consulta neste enlace todos os resultados do torneo.