Este sábado, unha vintena de nenos e nenas do Team Thunder de Marín desprazáronse a Coruña para disputar os campionatos galegos de formas de boxeo en idade escolar.
Os máis pequenos do club, fixeron historia para o boxeo marinense realizando unha gran competición e poñendo o broche de ouro coa consecución do subcampionato galego por equipos.
A nivel individual destacaron os triunfos de Julia Grandío, campioa galega en -8 anos; Xoel Piñeiro, medalla de bronce -8 anos; Martín Grandío, campión galego 11-12 anos; Alejandro Domínguez, medalla de prata en 11-12 anos; e Samara Garrido, bronce en 13-14 anos.
Esta semana, Martín Grandío e Alejandro Domínguez viaxarán a Arganda del Rey (Madrid) coa Selección Galega de Scholboys que dirixe Aarón González.
A Selección Galega Scholboy, fundada este ano, segue crecendo e viaxa a Madrid con toda a ambición do mundo e con moitas ganas de que o boxeo galego siga crecendo desde a base. Os dous marinenses viaxan co obxectivo de proclamarse campións de España, polo que desde o club confían en que, tras os últimos meses de adestramentos, consigan bos resultados.
Pártea elite do club tamén segue a promoción do Campionato Galego Neo-Profesional, que se disputará o 22 de xullo en Marín, onde Aarón terá a oportunidade de conseguir ese ansiado cinto de campión ante o santiagués Iván Pasín.
Ademais estarán no ring varios deportistas locais do club marinense como Raul, David, Eloy e Brais e grandes boxeadores do panorama galego como Alberto Loureiro, Diego Castro, Dani Castro ou Álvaro Cires, que volve a Marín, onde comezou as súas andanzas no boxeo durante a súa instrución na Escola Naval Militar.
A venda en liña de entradas xa empezou e esta semana poñeranse á venda tamén fisicamente nos puntos.