Fin de pretempada para o Pontevedra con victoria ante o Céltiga (1-2)

Pontevedra
24 de agosto 2024

Última proba de pretempada para o Pontevedra Club de Fútbol con triunfo ante o Céltiga por 1-2 no campo Salvador Otero da Illa de Arousa. Os granates comenzaron perdiendo, pero terminaron volteando o resultado para acabar a pretemporada cun balance de 5 vitorias e dúas derrotas

Partido de pretempada entre Céltiga e Pontevedra
Partido de pretempada entre Céltiga e Pontevedra

Última proba de pretempada para o Pontevedra Club de Fútbol con triunfo ante o Céltiga por 1-2 no campo Salvador Otero da Illa de Arousa.

Os granates empezaron perderon, pero terminaron volteando o resultado para acabar a pretemporada cun balance de 5 vitorias e dúas derrotas.

A unha semana de que arrinque a tempada, Yago Iglesias apostou por un once inicial formado por Edu Sousa en portería acompañado no campo de Javi Fontán, Igor, Churre, Cambil, Álex González, Iago Novo, Xabi, Dalisson, Marqués e Charly.

O primeiro en adiantarse foi o Céltiga no minuto 38 de xogo, obrigando ao Pontevedra a apertar para voltear o resultado.

E non tardaron os de Lérez en devolver as táboas ao marcador por medio de Iago Novo, que subiu o 1-1 co que se alcanzou o descanso.

Despois do paso polos vestiarios e como é habitual nos partidos de pretemporada, Yago Iglesias moveu o banco cambiando practicamente todo o once excepto dous xogadores. quedaron no verde o autor do gol e Edu Sousa en portería, e entraron Chiqui, Diego, Garay, Rares, Yelko, Samu, Rufo, Héctor e Mario.

Xa na segunda metade e tras moito tentalo, o conxunto granate volteó por fin o resultado, aínda que tivo que esperar á recta final para facelo. Foi neste caso Rares, que entrara no intermedio, o que subiu o 1-2 (min. 82) co que concluíu o partido.

O seguinte encontro do Pontevedra xa será a primera xornada de liga, que se disputará en Pasarón ante o Valladolid Promesas o vindeiro domingo 1 de setembro a partir das 19:00 horas.