Figueroa Vázquez crúzase no camiño do Pontevedra 14 anos despois

Pontevedra
13 de xaneiro 2025

O sevillano, colexiado de ingrato recordo para a afección granate tras un play-off de ascenso a Segunda División en Alcorcón, será o encargado do VAR no Pontevedra-Getafe de Copa

Figueroa Vázquez en un partido de Primera entre Las Palmas y Girona
Figueroa Vázquez en un partido de Primera entre Las Palmas y Girona / LaLiga

Máis de 14 anos despois o Pontevedra Club de Fútbol vaise a reencontrar cun dos colexiados que quedou no recordo colectivo como protagonista dunha das peores arbitraxes recibidas ao longo dos últimos anos.

Era xuño do ano 2010 e o club granate pelexaba por ascender no play-off a Segunda División, e tras un 0-0 na ida visitaba o feudo do Alcorcón co obxectivo de meterse na final polo ascenso.

Non o logrou tras un polémico partido no que perdeu por 3-0 pero que estivo condicionado pola temperá expulsión do por entón capitán Alejandro Vázquez, no minuto 30 de xogo.

Os granates, que acabrían con 9 tras outra vermella a Pendín, reclamaron tamén un claro penalti sobre o arxentino cando se dispuña a pór o empate momentáneo (1-1) a porta baleira e que debía supor a expulsión dun xogador local, e queixáronse amargamente da actitude mostrada sobre o terreo de xogo cara a eles por parte do árbitro daquel partido.

Tratábase do sevillano Jorge Figueroa Vázquez, que un ano despois lograría o ascenso a Segunda División e que terminaría chegando a Primeira, onde se mantivo catro anos até o pasado verán, no que cumprida a idade regulamentaria pasou a formar parte do corpo arbitral especializado na videoarbitraxe (VAR).

Pois ben, será nesta función, de encargado do VAR, na que Figueroa Vázquez volva cruzarse co Pontevedra, como resposable da videoarbitraxe no partido de oitavos de final de Copa do Rei contra o Getafe.

O colexiado principal para ese encontro será o tamén andaluz Alejandro Quintero González, que aos seus 31 anos vive a súa primeira campaña en Primeira División.

No seu caso será a segunda vez que dirixa un encontro dos pontevedreses. A anterior foi na campaña 20-21 nun Unionistas-Pontevedra que se saldou con derrota granate por 1-0.