Festín do Marín Futsal á conta do Móstoles (7-3)

Marín
16 de abril 2022

O conxunto marinense segue de doce, tal e como demostrou este sábado cun contundente triunfo na Raña fronte a un Móstoles que chegaba á cita como cuarto clasificado

Gaby no partido entre Marín Futsal e Móstoles
Gaby no partido entre Marín Futsal e Móstoles /

O Marín Futsal segue de doce e tras certificar hai días a súa permanencia este sábado deuse toda unha homenaxe vencendo na Raña a un dos equipos que pelexa por meterse no  play-off polo título, o Móstoles.

Foi un duelo con todo no que golpearon primeiro as visitantes, aos 4 minutos, cun gol de Benete tras un saque de esquina.

Reaccionaron rápido as xogadoras adestradas por Raúl Jiménez, que no minuto 8 empataban grazas a un tanto en propia meta e no 9 xa tomaban a dianteira nun potente disparo de  Ceci á saída dun saque de esquina.

As marinense xa non cederían a iniciativa, chegando ao descanso cun 3-1 no marcador ao aproveitar Gaby unha nova xogada de estratexia.

Ao regreso de vestiarios o Móstoles tentou incrementar a súa presión, golpeando o Marín Futsal á contra para deixar o duelo encarrilado co 4-1 de Gaby e o 5-1 de Jessy, xa que as madrileñas xogando de cinco.

Rafinha conseguía despois o segundo do Móstoles, pero a alegría durou pouco e Silvia Aguete desde cancha propia e María León colocaban o 7-2 no luminoso, maquillado finalmente cun último gol visitante.

Co triunfo o Marín Futsal consolídase na zona media da táboa soñando mesmo con achegarse a un cuarto debido a que xa non parece tan afastado.

MARÍN FUTSAL (7): Antía, Adriana, Ceci, Jessy, Pau García -cinco inicial- Maria León, Gaby, Dani Fleitas, Mara Fernández, Inés Mayán, Lucía, Marta Gago, Silvia Aguete.

MÓSTOLES FSF (3): Ari, Patri Chamorro, Inma, Celia, Benete -cinco inicial- Sara Santos, Rainfha, Myrielen, Clara Chaves.

Goles: 0-1 Benete (min.4); 1-1 Celia en propia meta (min.8); 2-1 Ceci (min.9); 3-1 Gaby (min.11); 4-1 Gaby (min.24); 5-1 Jessy (min.32); 5-2 Rafinha (min.33); 6-2 Silvia Aguete (min.33); 7-2 MaríaLeón (min.38); 7-3 Celia (min.39).