A Boa Vila goza este sábado dunha auténtica festa do voleibol coa disputa dos campionatos galegos de categoría prebenxamín e benxamín xunto á Copa Galega Alevín.
Ambas as competicións celébranse nos pavillóns Multiusos e A Xunqueira II coa participación de case 500 nenos e nenas de entre 9 e 12 anos.
O evento está organizado polo Club Voleibol Pontevedra, xunto ao Concello de Pontevedra e a Federación Galega de Voleibol.