Malas noticias na Sociedad Deportiva Teucro. Non por esperadas deixan de ser máis dolorosas, xa que o equipo pontevedrés perde polo que resta de tempada ao seu xogador Ferrán Cisneros.
As sensacións do xogador tras lesionarse no seu ombreiro esquerdo non eran boas, e a resonancia magnética á que foi sometido revelan os peores presaxios.
Cisneros sofre unha rotura no labrum do ombreiro, unha das lesións máis temidas polos xogadores de balonmán ao tratarse dunha articulación básica nos seus movementos.
Esta doenza obrigaralle a pasar polo quirófano, momento desde o cal o seu período de baixa estímase entre 4 e 5 meses se non existen complicacións.
Segundo confirmou o Teucro, o xogador catalán ten previsto operarse o vindeiro xoves 19 de decembro no Clínica Tres Torres de Barcelona.
O club azul quixo mandarlle unha mensaxe de apoio desexándolle "a maior das sortes para a súa operación e esperamos verlle pronto polas pistas para axudar ao equipo".