O Equipo Español de Nacra 17, entre o que se atopa o pontevedrés Fernando Echávarri, foi vítima este sábado dunha atraco a punta de pistolaen Río de Janeiro.
Echávarri, que se atopa en Brasil preparando a súa participación nos próximos Xogos Olímpicos, foi asaltado á primeira hora da mañá en plena rúa mentres se dirixía a almorzar no barrio de Santa Teresa, segundo informou a Real Federación Española de Vela.
Xunto a el estaban a súa compañeira no Nacra 17, a canaria Tara Pacheco, e o adestrador de ambos, Santi López-Vázquez.
Víronse abordados por cinco persoas armadas con dúas pistolas, "cinco menores" segundo o testemuño de López-Vázquez, a quen roubaron todo o instrumental de traballo que portaba nese momento.
Pese ao enorme susto afortunadamente ningún sufriu danos persoais, polo que queren pasar páxina canto antes para centarse de novo nos adestramentos que están a realizar na zona na que competirán en agosto na busca dunha medalla olímpica.