Felipe Peredo, primeira saída invernal no Arosa

O Salnés
08 de xaneiro 2025
Actualizado: 17:03

O club arlequinado confirmou este mércores a saída de Felipe Peredo tras o acordo alcanzado por ambas as dúas partes para a rescisión do seu contrato

Felipe Peredo, xogador do Arosa SC
Felipe Peredo, xogador do Arosa SC / Arosa SC

Primeiros movementos do Arosa no mercado de inverno.

O club arlequinado confirmou este mércores a saída de Felipe Peredo.

Faino tras o acordo alcanzado entre o club e o futbolista para a rescisión do seu contrato, despois dunha primeira parte de tempada na a súa presenza no equipo foi menor da esperada.

De feito, só chegou a participar en seis encontros, con apenas 138 minutos sobre o céspede.

Certo é que o centrocampista, fichado no verán procedente do Laredo, viuse lastrado por unha lesión no xeonllo que sufriu na cuarta xornada do campionato.

Con esta rescisión todo apunta a que o Arosa buscará agora algún reforzo para pelexar coas maiores garantías posibles polo ansiado ascenso de categoría.

Os da Lomba arrincan o ano de feito na segunda posición da táboa con 31 puntos, a catro do liderado da UD Ourense.

O seu primeiro partido de 2025 disputarase este domingo 12 de xaneiro fóra da casa, fronte ao Alondras.