A Federación fixa para Semana Santa os partidos aprazados de Terceira RFEF

O Salnés
29 de xaneiro 2025

Os encontros suspendidos de Arosa e Villalonga, debido ao temporal Herminia, celebraranse finalmente o xoves 17 de abril

Estadio municipal da Lomba
Estadio municipal da Lomba / Concello de Vilagarcía de Arousa

Xa hai data para os encontros de Terceira RFEF que foron suspendidos debido á alerta meteorolóxica provocada pola borrasca Herminia.

Foron un total de nove os choques da xornada 19 de liga que non se puideron disputar.

Agora, o Comité de Competición decidiu en que data recuperar os encontros perdidos, decantándose por un día festivo.

Deste xeito será en plena Semana Santa, xa que o día escollido é o xoves 17 de abril.

Nesa data disputaranse finalmente partidos como o Arosa-Viveiro e o Villalonga-Alondras.

Chegarán a só catro xornadas para o final da liga regular, o que pode provocar que a importancia dos mesmos sexa moito maior.