O Pontevedra Club de Futbol cre na remonta fronte ao Betis Deportivo, e por tanto en lograr o ansiado ascenso a Primeira RFEF.
Os granates están a só 90 (ou 120) minutos do obxectivo, pero para conseguilo deberán vencer o filial bético tras o 1-0 da ida.Calquera vitoria daría o pase ao non haber penaltis e ser o ascenso no caso de empate na eliminatoria para o mellor clasificado na liga regular, é dicir, para o Pontevedra de darse esta situación.
A fe non só é de xogadores e corpo técnico, senón dunha afección que non se desencoraxou a pesar de a derrota en Sevilla, onde o equipo mereceu máis. Así, o goteo de seguidores foi constante ao longo de luns ata as oficinas do Estadio Municipal de Pasarón en busca dunha entrada para o partido do próximo domingo 2 de xuño ás 18.00 horas.
Segundo confirmou a entidade da Boa Vila, ao peche das súas oficinas na tarde do luns eran xa preto dos dous milleiros as localidades despachadas en venda anticipada, tanto presencialmente como de maneira online.
Operación encher Pasarón
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) May 27, 2024
ESGOTADAS ás entradas gratuitas ofrecidas por SANIFAX para a Grada Granate
Moi preto de chegar ás 2000 entradas vendidas a remate da xornada de luns
Grazas de novo a SANIFAX polo apoio incondicional #PontevedraNuncaSeRinde pic.twitter.com/VU0TL8ABPH
Esta cifra, con moitos días aínda por diante, confirma que o ambiente nas bancadas de Pasarón está garantido. Todo para tentar empuxar os seus cara á remontada mirando no espello do play-off de 2015, cando os granates volteraron dúas eliminatorias consecutivas no seu estadio tras caer na ida, fronte ao Manzanares e o Haro Deportivo retornando, naquel momento, á Segunda División B.