Fase 2 de desescalada no deporte: Arosa, Leis, e O Fisgón, coa mente posta nos play-off de ascenso

Pontevedra
17 de maio 2020

No capítulo IX do Boletín Oficial do Estado (BOE) na súa publicación do sábado 16 de maio, se especifica como serán as "condicións nas que debe desenvolverse a actividade deportiva" a partir do luns 25 de maio, no caso de que Pontevedra pase de fase

O Fisgón acabou a liga regular en segunda posición
O Fisgón acabou a liga regular en segunda posición /

A fase dúas de desescalada está cada vez máis preto, o que supoñerá maior flexibilidade para os deportistas de equipos profesionais e non profesionais en canto á práctica da actividade deportiva.

Desta maneira, no capítulo IX do Boletín Oficial do Estado (BOE) na súa publicación do sábado 16 de maio, se especifica como serán as "condicións nas que debe desenvolverse a actividade deportiva" a partir do luns 25 de maio, no caso de que Pontevedra pase de fase.

Dentro deste apartado, recóllese que o adestramento básico en ligas non profesionais federadas estará "dirixido a unha modalidade deportiva específica, de maneira individual, e cumprindo coas medidas de prevención e hixiene". Así mesmo, 

Esta medida afecta directamente a equipos como o Arosa, O Fisgón e o Leis, que xa pensan na fase de ascenso.

No caso do Arosa, será nunha sede neutral sen público e a partido único. As semifinais xogaraas o primeiro clasificado contra o cuarto (Compostela-Barco), e o segundo contra o terceiro (Ourense CF-Arosa).

O Fisgón, en cambio, xogarase o ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino en casa do líder do grupo, o Viaxes Amarelle de Coruña. Primeiro terán que disputar unha elimitoria contra as terceiras da clasificación, o Valdetires Ferrol, e o equipo vencedor disputará o ascenso fronte ás coruñesas.

Pola súa banda, o Leis terá que enfrontarse ao terceiro clasificado, o Albense. En caso de avanzar, enfrontarase ao gañador do partido entre o Benavente (actual líder do grupo I) e O Esteo.

En canto ao adestramento total ou pre-competición en ligas profesionais, permitiranse "os traballos tácticos exhaustivos, que inclúan accións conxuntas en grupos de varios deportistas ata un máximo de catorce persoas".

Estas tarefas, deberanse desenvolver por quendas, tratando de evitar superar o cincuenta por cento da capacidade da instalación para os deportistas. Poderá asistir o persoal técnico necesario, persoal de apoio e utillero imprescindible. Os vestiarios poderán utilizarse, e tamén se poderán facer reunións técnicas de traballo cun máximo de 15 participantes, incluíndo ao técnico e gardando a distancia de seguridade.

Os árbitros, pola súa banda, deberán seguir as condicións aplicadas ás instalacións deportivas ao aire libre e pechadas.

Por último, os deportistas non federados poderán realizar adestramentos de forma individual, en espazos ao aire libre, dúas veces ao día, entre as 6:00 horas e as 10:00 horas e entre as 20:00 horas e as 23:00 horas, e dentro dos límites da provincia na que teñan a súa residencia.