A familia futbolística pontevedresa viuse tristemente sorprendida na tarde deste mércores ao coñecer a noticia do falecemento de Ángel Limeres.
'Montoto', como se lle coñecía polos seus amigos e persoas vinculadas ao fútbol, levaba máis de 40 anos dedicado a colaborar en distintas facetas co fútbol comarcal e provincial. Desde os seus comezos no Salgueiriños, na década dos 80, ata a súa incorporación á Delegación de Pontevedra da Federación Galega, da man de Benito Braga, cando este é nomeado Delegado.
Na devandita delegación alcanzou o posto de secretario, no que permaneceu ata o mes de xullo de 2011.
Desde hai uns meses loitaba contra un cruel cancro que finalmente non puido superar, deixando un profundo baleiro entre os seus familiares, amizades e numerosos coñecidos, que lle apreciaban polo seu carácter e a súa forma de ser, sempre disposto a botar unha man en todo aquilo que se lle requirise en beneficio do deporte que foi a súa gran paixón.
A casa mortuoria quedou instalada nas salas velatorias Virxe do Camiño, de Pontevedra, desde onde terá lugar a condución do cadáver este xoves, ás 16:45 horas, ata a igrexa parroquial de Santa María de Mourente, onde terá lugar o funeral.