Exitosa segunda edición do Aguete SUP Race

Marín
11 de xullo 2024

Marta Abruñedo e Iván Puente conságranse como os novos campións de España de SUP Resistencia e de Longa Distancia de Galicia

Aguete SUP Race
Aguete SUP Race / IMUA PADDLE SURF CLUB AGUETE

O 6 de xullo celebrouse navVila de Marín a segunda edición do Aguete SUP Race, un evento cargado de acción e emoción na praia de Aguete.

Organizado polo Imua Paddle Surf Club, o Aguete SUP Race atraeu deportistas de toda España e Portugal para competir no Campionato de España de Resistencia, o Campionato Galego de SUP Race e a Liga Nacional.

Marta Abruñedo e Iván Puente consagraronse como os novos campións de España nas modalidades de SUP Resistencia e Longa Distancia de Galicia.

As competicións desenroláronse nas augas da ría de Pontevedra, que, malia a presenza do vento, non impediron a correcta realización das carreiras.

Dende cedo, os deportistas chegaban á praia de Aguete para participar en diversas categorías, dende Sub18 ata Master e Kahuna.

Os momentos de maior emoción chegaron coas chegadas á meta, destacando a vitoria de Iván Puente cun tempo de 2 horas, 44 minutos e 39 segundos en SUP Resistencia. Marta Abruñedo liderou na categoría feminina, seguida de Claudia Luchetta e Gadea Ibarloza.

Ademais, as novas promesas do SUP Race tamén brillaron en categorías inferiores, como Sub8 e Sub14, demostrando o crecemento e paixón por este deporte en Galicia.

A xornada rematou cunha competición de relevos non oficial, onde o ambiente festivo prevaleceu entre os participantes e espectadores