Máis de 1.500 deportistas procedentes de Colombia, Cabo Verde, Portugal e de todas as comunidades de España, participaron esta fin de semana no campionato internacional de taekwondo Cidade de Pontevedra, celebrado no pavillón Príncipe Felipe.
Os combates comezaron o sábado pola mañá pero non finalizarán ata o domingo pola tarde coa exhibición e o freestyle. Os primeiros en competir foron os deportistas de categoría júnior e infantil, que mostraron as súas habilidades pola mañá, para despois dar paso aos alevíns e cadetes. Por último, o domingo pola mañá decidirase o gañador das categorías máster e absolutas e será a proba técnica.
A proba, organizada polo club Mace Sport de Pontevedra, contou con novidades tecnolóxicas entre as que se atopaban os cascos e monos electrónicos, ademais do equipamento das pistas con sistema de vídeo replay a catro cámaras.