O seleccionador español Iñaki Arenal deu a coñecer a lista da Triarmada elite e sub-23 para a Gran Final das Series Mundiais que se disputará en Pontevedra.
Entre os deportistas elixidos atópanse dous representantes galegos, o vigués Antonio Serrat na categoría asbolusta masculina e a buenense Natalia Castro na proba sub-23 feminina.
"Para nós é a gran cita do ano, porque podemos competir nunha Gran Final e ademais facémolo na casa, co público de Pontevedra que nos vai a axudar moito. Creo que temos unha gran representación e é unha oportunidade única para gozar e para que consigan escalar na clasificación para os Xogos de París, porque esta é a proba que máis puntos dá", explicou o máximo responsable do equipo español.
En concreto, representarán a España en categoría elite masculina Antonio Serrat, Roberto Sanchez Mantecón, David Castro, Sergio Baxter e Alberto González, mentres que na feminina competirán Miriam Casillas, Anna Godoy, Noelia Juan, Marta Pintanel e Sara Guerrero.
Pola súa banda os deportistas nacionais sub-23, ademais da local Natalia Castro, serán Esteban Basanta, José Ignacio Gálvez, David Cantero, María Casals e Iratxe Arenal.
SUSANA RODRÍGUEZ, LIDER DA SELECCIÓN DE PARATRÍATLON
En paratríatlon España presentará en Pontevedra un equipo con ata 16 deportistas, entre as que destaca a vixente campioa paralímpica, a viguesa Susana Rodríguez Gacio.
Ademais clasificáronse Cristina Miranda (PTS5), Andrea Miguélez (PTS5), Marta Francés (PTS4), Carmen González (PTS4), Rakel Mateo (PTS2), Eva Moral (PTWC), Héctor Catalá (PTV), José Luis García (PTVI), Jairo Ruiz (PTS5), Alejandro Sánchez (PTS4), Nil Riudavets (PTS4), Dani Molina (PTS3), Kini Carrasco (PTS3), Lionel Morais (PTS2) e José Cristóbal (PTW).