A Selección Española Absoluta iniciou este luns na Ciudad del Fútbol de Las Rozas a súa primeira convocatoria do ano, na que buscará pechar a súa clasificación para os próximos Xogos Olímpicos de París 2024.
Alí estaba como unha máis a pontevedresa Tere Abelleira, peza fixa nos esquemas da seleccionadora Montse Tomé desde que asumiu o cargo, pero o estado da centrocampista xunto á balón de ouro Alexia Putellas é a principal incógnita coa que arranca a xanela internacional.
Tere acode á chamada da Selección a pesar dos problemas musculares que lle impediron participar co seu club o Real Madrid desde principios de febreiro. De feito, a campioa do Mundo pontevedresa foi baixa esta última fin de semana no partido de liga do club branco fronte ao Atlético de Madrid.
As dúbidas sobre o seu estado levaron de feito á seleccionadora a citas a 25 futbolistas, sinalando na súa rolda de prensa tras desvelar a lista que no caso de Abelleira e de Alexia Putellas "son xogadoras moi importantes dentro e fóra do campo. Empezamos a Nations League con elas e queremos terminala con elas. A nosa intención é coidar moito ás xogadoras e non correremos ningún risco", afirmou a adestradora confirmando que ambas as dúas pasarán antes de nada unha revisión médica.
Comenzamos la Nations League con Alexia y Teresa Abelleira y queremos terminar con ellas. Nuestra intención es cuidar mucho a las jugadoras
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) February 15, 2024
@montse_tome I Seleccionadora nacional#JugarLuchaYGanar I #UWNLpic.twitter.com/hfB8H0psMy
España afrontará nesta xanela internacional a fase final a catro da liga de Nacións, en Sevilla, empezando polas semifinais fronte a Países Baixos do día 23 de febreiro, onde un triunfo supoñería asegurar o billete a París 2024.