Por terceira vez esta tempada, un equipo de Primeira División visitará o Estadio Municipal de Pasarón na Copa do Rei para os 1/8 de final do torneo.
Tras superar ao Mallorca, o Pontevedra é un dos 16 mellores equipos da Copa, e ten garantido medirse a un club da máxima categoría, pero todos os clasificados de Primeira estarán no mesmo bombo para o sorteo que se celebrará este mércores 8 de xaneiro (13.00 horas) na sede da Real Federación Española de Fútbol.
Os equipos de Primeira que superaron a rolda de 1/16 de final son o Real Madrid, FC Barcelona, Celta de Vigo, Athletic Club, Atlético de Madrid, Real Sociedad, Real Betis Balompé, Getafe CF, CD Leganés, Rayo Vallecano e CA Osasuna, á espera do que pase este martes 7 no último encontro entre Eldense e Valencia CF, que tamén podería ser rival dos granates.
Que rival prefires para o Pontevedra?. Vota nesta enquisa.