Empeza unha nova tempada ciclista para o Team Farto - Kiroot.
O Pazo da Cultura foi escenario da presentación oficial do novo curso para a estrutura ciclista pontevedresa, que volverá competir no pelotón feminino nacional e internacional.
Farao cun equipo con claro acento galego (até oito corredoras locais) pero tamén cunha importante presenza internacional.
Repetirá como unha das súas xefas de filas a canadense Isabella Bertold, pero o Farto tamén contará no seu equipo coa estadounidense Kira Payer, a tirplecampeona paraguaia Auga Marina Espínola, a australiana Imogen Francis, a italiana Alessia Missiaggia e a portuguesa Raquel Dias, ademais da española Violeta Hernández.
Repiten a galegas Carmen Mallo, Laura Mira, Lucía Piñón e Andrea Prado e estréanse outras locais como Lucía Ballester, Xiana Camiña, Ana Portela e Lara Fuentes.

O Team Farto estivo arroupado na súa presentación polas diferentes administracións e patrocinadores, nun acto conducido polo xornalista Terio Carrera.
No seu calendario, a piques de arrincar, aparecen de novo grandes probas UCI xunto a outras de nivel nacional.
Entre elas, marcada en vermello, aparece a cita da casa, o Gran Premio Cidade de Pontevedra correspondente á Copa de España Estrada Mulleres e que se disputará o día 30 de marzo.
